OurenseÚltima hora

Ata 54 controis da Policía Autonómica en 10 concellos ourensáns na pasada ponte

Realizábanse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes polo Covid-19

 

Axentes da Policía Autonómica levaban a cabo durante a pasada ponte (dende o venres día 4 ata o martes día 8 de decembro), 54 dispositivos na provincia de Ourense no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes polo Covid-19. Ao abeiro destes controis, os axentes realizaron 92 inspeccións en 10 concellos da provincia na pasada fin de semana, con 201 identificacións e a tramitación de 4 denuncias.

En base a este Plan, a Policía Autonómica destinou efectivos entre o 4 ao 8 de decembro a controlar que se están a cumprir as medidas vixentes para frear a expansión do virus. Leváronse a cabo 54 dispositivos nos municipios de Baños de Molgas, Castro Caldelas, Coles, Maceda, Maside, Ourense, Toén, Verín, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

No conxunto da comunidade galega, os axentes actuaron nun total de 52 concellos, nos que que se rexistraron 213 operativos cun total de 582 inspeccións, con máis de 665 persoas identificadas e 101 denuncias tramitadas.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.

Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Artigos relacionados

Back to top button