ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Ata 66 agrupacións de Protección Civil da provincia colaboran para garantir as medidas de seguridade nos colexios electorais

Están a levar a cabo funcións de vixilancia e supervisión para asegurar o cumprimento das mesmas

 

Preto de 600 voluntarios de 66 agrupacións de Protección Civil da provincia de Ourense están a colaborar nesta xornada, realizando funcións de vixilancia e supervisión para asegurar o cumprimento das medidas en materia de saúde pública. Desta maneira, preténdese garantir unha votación segura e sen risco.

Así, algunhas dos labores específicos dos voluntarios son os de informar aos votantes da obrigatoriedade de acceder ao local con mascarilla e de manter a distancia de seguridade, axudar aos electores cos fluxos de saída e entrada dos locais evitando que se produzan aglomeracións, ou colaborar para a súa entrada no local dun en un e axudar a todas as persoas que o precisen.

 

Limpeza dunha urna nunha mesa electoral do Barco.

 

Dispositivo de seguridade en Galicia

Por outra banda, no conxunto de Galicia, mobilizáronse ata 6.866 axentes das forzas e corpos de seguridade nesta xornada electoral. Do total de axentes que se despregaron este domingo, 3.791 corresponden á Garda Civil, mentres que o Corpo Nacional de Policía achega 2.001 efectivos. Cóntase ademais con 927 axentes de diferentes policías locais e 147 membros da Policía Nacional adscrita á comunidade.

Fotos: Carlos G. Hervella, Alba Prada e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button