En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Ata 8.800 “pinchos estrela” servíanse na IX Ruta “O Barco vai de viños”

O pincho ganador era o de Pulpería El Dorado, a “Tosta segredo”. Na mañá do 29 de xaneiro sorteábanse entre os participantes catro ceas para outras tantas parellas

Balance moi positivo da IX Ruta de Pinchos O Barco vai de viños, que se celebraba do 10 ao 20 de xaneiro. A organización valoraba os resultados desta edición de maneira satisfactoria destacando que se servían 8.800 pinchos neses once días nos 27 establecementos participantes. Son 300 pinchos máis que na pasada edición.

Facíao nunha rolda de prensa convocada na mañá do 29 de xaneiro no Barco coa asistencia da presidenta da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), Araceli Fernández, da vicepresidenta do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), Ángeles Rodríguez, e da concelleira de Turismo do Barco, Irene Dacal.

Nesta edición uns 436 participantes na ruta emitían o seu voto, pero deles tan só 342 se consideraban válidos segundo as bases, xa que era necesario que o boleto estivese selado nun mínimo de 5 establecementos e en polo menos nun de cada unha das catro zonas da ruta (mencía, godello, garnacha e dona branca).

O pincho ganador desta edición é a “Tosta segredo” de Pulpería El Dorado con 42 votos, seguido polo do Piquiño “Lingote de cocido” con 40 e polo de Bajo 5 (“Vieiras con crocante de batata e mousse e parrulo”) con 37 votos. Ademais destacábase a gran afluencia de persoas nos 9 restaurantes que, no marco da Festa do Botelo, incluían este embutido nos seus menús. Nesa fin de semana servían 450 menús, case cen máis que no 2018.

De seguido, procedíase ao sorte de catro ceas para outras tantas parellas entre os participantes na ruta. Os ganadores son:

– Jaime Neira: cea para dúas persoas no Pazo do Castro (patrocinada por Exclusivas Morales)

– Javier Rodríguez: cea para dúas persoas no Restaurante Piquiño (patrocinada por Adegas D’Berna

– Nevadita Guzmán: cea para dúas persoas no Chanfainas (patrocinada por Distribuciones Roca

– Carlos García Rodríguez: cea para dúas persoas no San Mauro (patrocinada por Distribuciones Anger Valdeorras)

Dende a organización agradeceuse e o esforzo e o traballo da hostalaría, destacando a calidade e orixinalidade dos pinchos desta edición, así como a gran participación de valdeorreses e visitantes que encheron os locais malia que o tempo non animaba a saír. Ademais a intención é darlle continuidade a esta iniciativa en vindeiros anos.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close