DeportesÚltima hora

Ata catro podios para o Club Adas do Barco na fase final da liga galega Abanca

Nesta cita, disputada o 15 de xaneiro na pista cuberta de Ourense, competían 48 equipos de atletismo

 

Ata 48 equipos de atletismo de diferentes puntos de Galicia disputaban na pista cuberta de Ourense a fase final da Liga Abanca de categorías menores de inverno. Entre eles non faltaba unha ampla representación valdeorresa que lograba ata catro podios nesta cita.

Destacaban os tres ouros logrados polo Adas en categoría Sub10 masculina, onde sumaba 50 puntos, quedando moi por diante do C.D. Pinarium (37 puntos) e do Ourense Atletismo (35,5 puntos). Un novo título para Valdeorras viña da man do equipo Sub12 masculino do Adas, que colleitaba 44 puntos, fronte aos 38 puntos do Marineda e aos 35 puntos de Millaraio.

Ademais o Adas conseguía un terceiro ouro da man dos atletas Sub14 masculinos, que lograban 54 puntos, mentres que o Millario quedaba en segunda posición con 45,5 pntos e o C.A. Sada na terceira con 41 puntos. O cuarto podio valdeorrés conquistábano as atletas do equipo Sub10 feminino, que eran terceiras con 29 puntos, tras o A.F. Celta (37) e o C.A. Sada (35 puntos).

“O aspecto deportivo, importante en calquera cita, viría da man de toda unha serie de valores tales como o compañeirismo, o respeto, a solidariedade e o saber compitir que convertirían a esta proba en moito máis que nunha mera fase final. Moitos foron os xestos de deportividade que nos deixarían estes/as xovencísimas/os atletas ó longo de toda unha xornada de paixón e moito emoción tanto no terreo individual como no colectivo”, destacaban dende a Federación Galega de Atletismo (FGA).

Nesta xornada tamén se distinguía coa placa Ramón Docal 2018 a Mari Carmen Conde pola súa traxectoria como xuíza en todos estes anos. Ademais estreánbase dous novos marcadores electrónicos de pista, así como un novo sistema de saídas que xunto o macro control efectuado ao longo de toda o día, completarían a xornada do pasado domingo.

Fotos: FGA.

Artigos relacionados

Back to top button