ConcellosÚltima hora

Ata dez grupos actuarán nos XII Cantos de Taberna de Trives o 23 de novembro

Esta iniciativa festiva, promovida pola A.C. A Caniceira, percorrerá 12 locais de hostalaría desta vila

Imaxe dunha edición anterior dos Cantos de Taberna de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Trives acollerá a partir das sete da tarde do 23 de nvembro os XII Cantos de Taberna, unha iniciativa que promove a Asociación Cultural A Caniceira coa implicación dos locais de hostalaría triveses.

O programa comezará ás 19h. coa xuntanza dos grupos participantes na praza do Pilón. Serán un total de dez: San Nordés (Trives), Son do Bibei (Valdeorras), Os Bolécoras (Manzaneda), As Macizas Centrais (Trives), Os Relamidos (Ourense), A Papuxa (Vigo), Rondalla (Trives), Parrandas (Valdeorras), Os Trabazos (Castro Caldelas) e Sómosche d’Herbas (Trives).

Dende alí iniciarán un circuíto (acompañados por un guía da organización) polos doce locais participantes nesta edición: San Martín,  Cafeto, Quintela, A Cantina do 4, Boliche, Manolo’s, Bodegón, Sky, Troula, Casanova, O Paíño e Panadería María.

“Coma nas anteriores edicións, a asociación conta coa colaboración dos bares que obsequian a cada grupo con bebidas e petiscos, mentres actúan neles”, matizan dende A Caniceira. Tras completar o seu percorrido, os músicos volverán xuntarse na praza do Reloxo ás 23h., onde haberá reparto de agasallos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button