Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Ata nove pasos, na procesión do Santo Enterro en Ourense

Trátase dun dos actos de referencia da Semana Santa da cidade e tiña lugar o Venres Santo a partir das 21h.

Despois da Paixón do Señor, que tiña lugar ás cinco da tarde, a cidade de Ourense celebraba o Venres Santo coa súa tradicional procesión do Santo Enterro, un dos cultos de referencia da súa Semana Santa. Comezaba ás 21h. e nela saían un total de nove pasos: o da Santa Cea, (portado pola Adoración Nocturna), a Flaxelación (comunidade neocatecumenal da parroquia de Santa Teresita do Vinteún), Xesús Nazareno (confraría do Paso de Xesús Nazareno da parroquia do Sagrado Corazón), Santo Cristo do Perdón de Velle (Confraría do Santo Cristo do Perdón da parroquia de Santa Marta de Velle), o Santo Cristo (Confraría do Paso do Santo Cristo da parroquia de San Pío X), A Piedade (parroquia de Nosa Señora de Fátima de O Couto), A Cruz desnuda (parroquia de Cristo Rei), a Urna do Sepulcro (Cristo Xacente) levado polos alumnos do Seminario Maior e a Dolorosa (parroquia Confraría de Santa María Nai).

A procesión saía dende a rúa Lepante e logo seguía un percorrido pola praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, Rúa do Paseo e Lamas Carvajal ata a praza Maior.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close