En portadaÚltima hora

Ataque do lobo en Fradelo (Viana), a escasos metros do centro da localidade

En pleno día entraba nunha finca cercada, mataba a unha ovella e deixaba feridas a outras dúas. Nesta parte da provincia estanse rexistrando numerosos ataques neste verán
Ovella morta en Fradelo (Viana do Bolo), tras ser atacada polo lobo./ Foto cedida.

Os gandeiros dos sueste da provincia de Ourense están sufrindo neste verán ataques case continuos do lobo. O último tiña lugar na mañá do 27 de agosto, a 20 metros escasos da igrexa de Fradelo (Viana do Bolo), no centro da localidade. Atacaba a varias ovellas. Malia que os animais estaban nunha finca cercada, o lobo entraba nela e mataba a unha das ovellas ferindo a outras dúas.

Tamén recentemente tiña lugar outro ataque ao gando en Bembibre (Viana), onde o lobo mataba durante o día a uns 4 machos de ovella, que se encontraban tamén moi cerca do pobo. Tamén se rexistraban ataques en Vilarmeao (Viana) e no Tameirón (A Gudiña). “Os ataques están sendo continuos, a plena luz do día e nos propios pobos”, di con preocupación o concelleiro do Medio Rural de Viana do Bolo, Santiago Barja.

Artigos relacionados

Back to top button