DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A atleta benxamín do Adas, Xiana Pungín, bate dous rércords nacionais en Segovia

A ourensá melloraba as marcas de 50 metros e salto de lonxitude no campionato de España de menores organizado pola FEDC

Natural da Mezquita aínda que vive no Barco de Valdeorras, Xiana Pungín Estévez é unha nena á que sempre lle gustou correr. Ademais ten cualidades e dáselle ben, por iso os seus pais non dubidaron en apuntala a atletismo da man do club Adas-Proinor co que adestra e tamen compite, logrando con apenas 8 aniños unhas boas marcas.

Xiana ten unha deficiencia visual e ademais de adestrar e competir co club barquense, está tamén afiliada á ONCE e da man da Federación Española de Deportes para Cegos (FEDC) compite a nivel nacional, logrando asemade grandes resultados. Os últimos lográbaos a finais de maio (27 e 28), no campionato de España de menores celebrado en Segovia. Alí dábanse cita máis de 200 atletas e a xove ourensá, proclamábase campiona nas tres probas nas que participaba (500 metros, 50 metros e lonxitude), logrando ademáis establecer dous novos récords nacionais na categoría benxamín feminino T12: en 50 metros e salto de lonxitude.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button