DeportesÚltima hora

A atleta Eva Arias comeza a súa carreira a prol da muller en Petín

Xunto a outros corredores/as e ciclistas, ten previsto chegar á praza do Concello do Barco en torno ás 19:50h.

Arredor das cinco e media da tarde do 8 de marzo, a atleta Eva Arias, acompañada por outros corredores/as iniciaba a súa “quedada” para correr dende este concello ata O Barco como un xeito de reivindicar “a defensa dos nosos dereitos” e para expresar a súa “repulsa a calquera acto de violencia”. Numerosas persoas se daban cita no lugar para apoiala e animala nesta singular iniciativa.

Tamén a acompañaban varias persoas en bicicleta. A súa primeira escala facíaa no Concello da Rúa, onde recibía de mans do seu alcalde, Luis Fernández, e da concelleira Ana Vizcaya os lazos violetas con mensaxes que as persoas participantes na concentración desta mañá lle escribían.

A partir de aí, o traxecto continuaba ata Vilamartín, onde se facía unha nova parada no Concello do mesmo xeito que na Rúa. O traxecto deste evento reivindicativo durante este Día da Muller, concluirá no Barco, onde os participantes nesta quedada se sumarán á concentración que se fará na praza do Concello ás oito da tarde.

Fotos de Petín e A Rúa cedidas.
Fotos de Vilamartín: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://www.osil.info/eva-arias-involucra-valdeorras-nunha-carreira-favor-dos-dereitos-da-muller/

Artigos relacionados

Back to top button
Close