OurenseÚltima hora

Atopado o corpo sen vida dun pescador na zona de Reza, en Ourense

 

A primeira hora da mañá deste luns 27 de xullo era atopado o corpo sen vida dun pescador sesaxenario aboiando na zona do río Miño, próximo á depuradora de Reza. “Pese aos esforzos dos equipos de intervención, soamente puideron confirmar o seu falecemento”, tal e como informa o 112 Galicia.

Foi a familia do home, veciño de Lalín e que saira a pescar no río Miño moi cedo na mañá de onte, a que denunciou a súa desaparición na madrugada deste luns ante as autoridades competentes. En torno ás 8 horas desta mañá, o 112 foi informado da aparición dun cadáver no río Miño. “Ao parecer, as circunstancias e a localización do corpo levaban a crer que a vítima podíase tratar do mesmo pescador desaparecido horas antes”, indican dende o 112 Galicia.
Ata o lugar dos feitos acudían os profesionais sanitarios, os Bombeiros de Ourense, a Policía Local e Policía Nacional. Unha vez alí, “os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento sacaron ao pescador da auga e as autoridades xudiciais puideron confirmar que, efectivamente, se trataba do veciño de Lalín que desaparecera no día anterior”, segundo informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button