En portadaÚltima hora

Atopado un niño de velutina de grandes dimensións en Barxa (O Bolo)

Novembro é un mes importante para frear a expansión desta especie xa que é agora cando as raíñas abandonan os niños para iniciar novamente o ciclo

Publicidade

 

Coa caída das follas están quedando ao descuberto, como en outonos anteriores, niños de Vespa velutina. É o caso dun niño de notables dimensións que vén de ser localizado a gran altura, nunha árbore, na zona de Barxa (O Bolo). Sobre el xa se avisou para que se proceda a súa neutralización.

A detección e eliminación deste tipo de niños neste momento do ano é clave á hora de conter a expansión desta avespa invasora, de aí que se localizan é importante avisar a través do teléfono 012 para que se proceda a súa destrución.

“Con este tempo e a chuvia, vai cair moita fólla, e, en canto levante, van a quedar ao descuberto moitos niños. Agora mesmo as velutinas están en plena efervescencia, é o momento no que as raíñas abandonan o niño, por iso é importante avisar e incidir en que, unha vez se dea ese aviso, se proceda o antes posible a actuar, porque senón as raíñas poden escapar. É moi importante que os niños se destrúan o antes posible para erradicar a especie”, explica Armando Rodríguez, presidente da Asociación Valdeorras de Apicultores.

Dese xeito poderá romperse o ciclo vital do insecto, é dicir, evitar que as raíñas que conteñen os niños poidan ser fecundadas e, tras hibernar, creen novos niños na vindeira primavera, contribuíndo así a expansión desta especie invasora.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button