ConcellosEsgosÚltima hora

Atopados dous sendeiristas en Esgos grazas ao envío das súas coordenadas polo móbil

 

Na noite de onte dous sendeiristas perdidos mentre facían unha ruta polo municipio de Esgos eran localizados polos servizos de emerxencias “grazas ao envío das súas coordenadas ao 112 Galicia a través da aplicación WhatsApp”, tal e como informa o 112 Galicia.

Arredor das 20:45 horas un dos sendeiristas pedía axuda, tras perderse coa súa parella mentres facían unha ruta preto do Mosteiro de San de Pedro de Rocas, na parroquia de Rocas. “Segundo indicaba eran incapaces de regresar a ruta despois de saír do sendeiro”, tal e como indica o 112 Galicia.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron á persoa o envío das súas coordenadas a través da aplicación de mensaxes instantáneos. Nada máis ter constancia da localización, solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil da localidade.

“Deste modo, poucos minutos despois das dez da noite, o equipo de voluntarios chegaron á localización dos sendeiristas e confirmaron ao 112 que ambas persoas atopábanse en perfecto estado de saúde”, segundo o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button