Atopan a un home falecido no seu domicilio, na Rúa

Os servizos de emerxencia accedían á vivenda ao non terse noticias del nos últimos días e ao non contestar á porta

Os servizos de emerxencia nas proximidades do domicilio do falecido.

Na mañá do 29 de xaneiro atopaban a un home falecido no seu domicilio, no centro da Rúa. Tal como explica o alcalde, Luis Fernandez, a Policía Local recibía unha chamada do 112 alertando de que un veciño da localidade non contestaba á porta. O feito de levar varios días sen velo deu a voz de alarma e tras acceder á vivenda por unha ventana, os servizos de emerxencia atopábano falecido no salón.

O home, sexaxenario, vivía só e todo indica que levaba máis dun día morto. Ata o lugar dos feitos desprazáronse tamén, entre outros efectivos, os Bombeiros do Parque Comarcal Valdeorras, sanitarios e o forense que levantou o cadáver.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies