OurenseÚltima hora

Atopan un cadáver no encoro ourensán de Velle

As hipóteses apuntan que podería ser Serafín Conde, o home desaparecido hai semanas na cidade e do que se estaban a realizar buscas polo Miño
O cadáver foi achado polo vixiante de seguridade do encoro de Velle. // Foto: Carlos Asensio.

Cara ás 14:00 horas de hoxe, 29 de outubro, a sala do 112 recibía a alerta do achado dun cadáver no salto do encoro de Velle. Segundo informaron dende a Policía Nacional, foi o vixiante de seguridade da instalación o que viu pasar río abaixo o corpo e o que alertou a Emerxencias.

As mesmas fontes policiais explican que foi necesaria a colaboración dos Bombeiros e dos axentes para sacar o cadáver da auga. Logo diso, o forense levouno para facerlle a autopsia xa que non portaba ningún tipo de identificación.

Dende a Comisaría aseguran que a autopsia vai ser realizada mañá e a Policía Científica tomará mostras de ADN e pegadas dixitais para poder identificalo.

As principais hipóteses apuntan a que poderías ser Serafín Conde Bande, o home de 70 anos desaparecido hai varias semanas na cidade. A Policía, Guardia Civil e os Bombeiros estaban a buscar ao home pola zona do Miño xa que soía pasear de cotío dende a Lonia, As Lagoas e o Conservatorio de Música cara ao río, e a roupa e os lentes que portaba o cadáver achado coincidían coa descición dada pola familia no día da súa desaparición, aínda que non hai nada confirmado.

Artigos relacionados

Back to top button