Concellos

Atopan morta a unha muller nas proximidades da presa de Bárcena

Era encontrada na tarde do 16 de agosto xunto ao seu vehículo

Unha muller de 39 anos, natural de Rubiá, era atopada morta xunto ao seu vehículo na tarde do 16 de agosto na estrada da presa de Bárcena, nas proximidades do poboado da Confederacion Hidrográfica do Miño-Sil en Ponferrada (León), tal e como informa o 112 de Castela e León.

A sala do Centro de Emerxencias Castela e León 112 recibía nesa tarde unha chamada solicitando asistencia médica para unha muller encontrada inconscente e que se sospeitaba que puido ter sido atropelada polo seu propio vehículo.

Dende o 112 dábase aviso deste suceso á Garda Civil (Tráfico) de León, á Policía Municipal de Ponferrada e a Emerxencias Sanitarias -Sacyl, que envíaba una UVI móvil.

Segundo Emerxencias 112 de Castela e León, no lugar, “o persoal sanitario de Sacyl confirmaba finalmente que a muller estaba falecida. Informouse do falecemento ao Corpo Nacional de Policía para os trámites xudiciais”.

Artigos relacionados

Back to top button