ConcellosÚltima hora

Atopan morto a un veciño de Quereño (Rubiá) que desaparecera na pasada noite

 

Neste mediodía localizábase o corpo sen vida dun veciño de Quereño (Rubiá) de avanzada idade que faltaba da súa casa dende a pasada tarde. De madrugada alertábase ao 112 Galicia e a primeira hora desta mañá poñíase en marcha un operativo de búsqueda do cal formaban parte a Garda Civil e a brigada do Concello de Rubiá, entre outros.

Rozando ás 13h. localizábase o seu corpo sen vida no río Sil, segundo se confirma dende o Concello de Rubiá. Estaba nun lugar moi próximo a unha caseta da súa propiedade.

 

Artigos relacionados

Back to top button