ConcellosÚltima hora

Atopan morto na súa casa a un veciño da Rúa

O calexón onde se atopa a vivenda do falecido. /Foto cedida.

 

Un veciño da Rúa (P.V.G.) era atopado morto na súa casa, nun calexón preto da rúa Progreso, na mañá do 1 de outubro. En torno ás dez da mañá a Policía Local recibía un aviso de que levaban unha semana sen velo, e de seguida o axente desprazábase ata a súa vivenda onde o atopaba sen vida no rellano da escaleira.

Tralo aviso chegaba a Garda Civil que se facía cargo das dilixencias, desprazándose asemade ata o lugar, o equipo da Xudicial e o Forense para levantar o cadáver. Segundo os indicios levaba días falecido e esta tarde faranlle a autopsia en Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button