ConcellosÚltima hora

Atopan nunha canteira á muller de Casaio desaparecida antonte

A muller, de 79 anos, padece Alzheimer e cando a atoparon estaba descalza e desorientada
Segundo a Guardia Civil, a muller estaba ben físicamente.
Enriqueta García.

Nunha canteira a 10 kilómetros da súa Casa, alí apareceu Enriqueta García Vidal, de 79 anos e veciña de Casaio (Carballeda de Valdeorras). A Guardia Civil notificou a desaparición desta muller antonte, cando se tivo constancia de que faltaba do seu domicilio o venres cara ás dez da noite.

Finalmente, esta mañá cara ás nove, atopouna o encargado de “Pizarras Valdacal”, unha canteira que se atopa a máis de dez kilómetros de onde vivía Enriqueta. As aportacións da Guardia Civil aseguran que a anciá estaba descalza e padecía de Alzheimer, polo que se puido desorientar e perder. En canto ao seu estado físico, aseguran que está ben e que non presenta problemas de gravidade, pero foi trasladada ao hospital para facerlle as probas médicas pertinentes.

A muller apareceu nunha canteira a 10 kilómetros de Casaio.

Artigos relacionados

Back to top button