ConcellosÚltima horaViana do Bolo

“Atopei o punto G”, o slogan dunha camiseta creada por un vianés con motivo do Día de Galicia

 

Quen máis quen menos ten buscado nalgún momento o famoso “punto G”, e Marco Antonio Diéguez Rodríguez, veciño de Viana do Bolo, atopouno na súa terra, Galicia.

“Un día de festa, ao meu sobriño Saúl e a min ocorréusenos a idea e decidimos lanzar unhas camisetas con motivo do día da Patria Galega”, conta Marco, explicando que así nacía o deseño dunha simpática camiseta que fai referencia a Galicia “como un sitio moi bonito, onde está o mellor, onde está a esencia, o punto G do mundo. Todo o mundo buscándoo e atopámolo aquí”, asegura bromeando.

 

Marco Antonio Diéguez, creador das camisetas.

 

A idea xurdiu coma quen non quere a cousa pero decidían sacar as camisetas e rexistralas coa marca Markisetas, incluíndo outro modelo igual de simpático e con dobre sentido, centrado nunhas das delicias de Galicia: os licores. “Fixemos un xogo de palabras con licor café, herbas e guindas como o pai, o fillo e o espírito santo que nos protexen e curan de todos os males”, conta o seu creador, adiantando que de momento fixeron un número moi reducido de camisetas para venderlle aos amigos e coñecidos.

De todas formas se hai alguén interesado, pode poñerse en contacto con el a través do seguinte correo electrónico: markisetas@gmail.com.

 

Marco amosando as camisetas co debuxo que el mesmo deseñou.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button