EconomíaEconomíaÚltima hora

Atractivos de Carballeda de Valdeorras, visitados polas conselleiras de Medio Ambiente e Instraestruturas

A alcaldesa, Mª del Carmen González, aproveitaba a súa visita por mor do tren descarrilado, para ensinarlles diferentes puntos do Concello

 

Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) recibía hoxe a visita da conselleira en funcións de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, por mor do tren descarrilado. Sen embargo, a alcaldesa Mª del Carmen González, aproveitaba para mostrarlles diversos atractivos do Concello, acompañada tamén polo deputado ourensán, Celso Delgado.

Así, en primeiro lugar visitaron o paseo flotante sobre o río Sil na N-534, cunha lonxitude de máis de 200 metros. Mentres que remataron a súa visita nas piscinas naturais. Fai dous anos, unha crecida do río Sil durante o inverno provocou serios danos nas instalacións e o Concello decidiu apostar por un proxecto completamente novo. A antiga piscina olímpica, única na comarca, foi substituída por unha fluvial que aproveitaba a auga do propio río, tratada ademais de forma natural.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button