ConcellosÚltima hora

ATREMAN une ao sector turístico de Valdeorras e de Terras de Trives

Esta nova asociación empresarial presentarase no Castro (O Barco) o 25 de xuño
Logotipo desta nova asociación que se presentará a finais de xuño no Pazo do Castro (O Barco).
Logotipo desta nova asociación que se presentará a finais de xuño no Pazo do Castro (O Barco).

Co fin de desenvolver e promocionar como destino turístico o oriente ourensán vén de poñerse Asociación Empresarial de Turismo do Xeodestino Manzaneda-Trevinca (ATREMAN), integrada por empresarios das comarcas de Valdeorras e de Terras de Trives.

A súa presentación pública terá lugar nun acto programado para a tarde do vindeiro 25 de xuño no Hotel Monumento Pazo do Castro (O Barco), no que se espera contar con diversos membros desta nova entidade que preside a barquense Montserrat Rodríguez, e tamén coa presenza de diversos representantes das administracións.

Artigos relacionados

Back to top button