OurenseÚltima hora

Atropelada unha muller no Carballiño

 

Unha persoa resultaba atropelada pasadas as dez desta mañá no Carballiño. Ás 10:20 horas, os servizos sanitarios contactaron co 112 Galicia para notificar o atropelo a unha muller na rúa de Margarita Taboada, da localidade ourensá.

“Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia alertouse á Policía Local do Carballiño e aos Bombeiros e Protección Civil do concello. Estes últimos foron os que, desde o lugar do sinistro, lle comunicaron ao 112 que a persoa ía ser trasladada ao centro hospitalario de referencia”, segundo informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button