ConcellosO BarcoÚltima hora

Atropelada unha persoa no centro do Barco

 

 

No mediodía deste luns 20 de decembro producíase un accidente de tráfico no centro do Barco de Valdeorras. Pouco antes das 12 horas unha persoa resultaba atropelada no cruce das rúas Pescadores e Conde Fenosa.

Ata o lugar dos feitos acercábanse de inmediato a Policía Local do Barco que regulaban o tráfico, intenso a esa hora, os servizos sanitarios, a Garda Civil e os bomberios do GES Valdeorras.

A persoa ferida, unha muller de idade avanzada, era trasladada en ambulancia ao Hospital Público Valdeorras

Artigos relacionados

Back to top button