ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Atropelada unha persoa nun paso de cebra do Barco

O accidente tiña lugar na avenida Conde Fenosa da vila preto das sete da tarde

En torno ás sete menos dez desta tarde de 31 de outubro unha persoa de avanzada idade resultaba atropelada mentres cruzaba un paso de cebra na avenida Conde de Fenosa do Barco, nas proximidades do CEIP Julio Gurriarán.

Ata o lugar do suceso desprazábanse de inmediato a Policía Local, dúas ambulancias do 061 e o GES Valdeorras. A persoa ferida era trasladada rapidamente ao Hospital Comarcal Valdeorras, tamén moi cercano ao lugar do accidente.

Os veciños desta zona manifestaban o seu malestar pola falta de visibilidade que teñen estes pasos de peóns e piden que se iluminen mellor e que se corten as polas das árbores próximas, xa que impiden que a luz das farolas ilumine os citados pasos de peóns. Isto, aseguran, podería evitar accidentes como o sucedido esta tarde xa que pola noite resulta moi difícil ver se alguén está cruzando ata que non se está xusto no mesmo paso de cebra.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close