OurenseÚltima hora

Atropelado un ciclista en Xinzo de Limia

 

Arredor das cinco e media desta tarde producíase un atropelo a unha persoa que circulada en bicicleta polo lugar de Paredes, na localidade de Xinzo de Limia, segundo informa o 112 Galicia.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia déuselle aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao 061. Xunto a eles, tamén aos Bombeiros e a Protección Civil de Xinzo, “os que confirmaron que a persoa foi trasladada ao centro hospitalario de referencia”, citando ao 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button