OurenseÚltima hora

Audioguías para divulgar a riqueza arqueolóxica do Castro de Santomé (Ourense)

 

Os turistas, veciños e visitantes poden contar, desde hoxe, con audioguías para divulgar a riqueza arqueolóxica do Castro de Santomé en Ourense. Así, neste entorno xa está instalado o panel que informa deste novo servizo turístico, que dará unha visión xeral do conxunto arqueolóxico e os lugares do xacemento escavados máis importantes.

A concelleira de Turismo e Termalismo de Ourense, Flora Moure, destaca que “é fundamental a posta en valor da nosa riqueza cultural como polo de atracción turística, e logo da mellora do Castro de Santomé efectuada no anterior mandato grazas á cooperación coa Xunta de Galicia, continuamos a traballar para impulsar a nosa riqueza patrimonial como oportunidade turística singular de Ourense”.

As audioguías xa están operativas na web da Concellería de Turismo: https://www.turismodeourense.gal/audioguias/audioguias-santome/

Estas audioguías, dispoñibles en galego, castelán, inglés, francés e portugués, explicarán conceptos como unha Introdución, Poboado castrexo, Panorámica da paisaxe, Vexetación da contorna de Santomé, Conxunto habitacional articulado a partir dunha rúa, Conxunto habitacional, Torreón, Lagar e espazo columnado.

Imaxes: Concello de Ourense.

 

Artigos relacionados

Back to top button