Concellos

A auga de Verín volve a ser potable

Desde o Concello de Verín asegúrase que continuaranse realizando as analíticas de autocontrol de auga abastecida para asegurar a potabilidade da mesma

Na mañá do 30 de agosto o Concello de Verín recibía un informe oficial de potabilidade emitido pola empresa responsable da rede de abastecemento municipal, Espina y Delfín, no que se confirma que, tras realizar os análises pertinentes, a auga volve a ser apta para o consumo.

As choivas torrenciais do pasado domingo provocaban o arrastre dunha gran cantidade de auga embarrada a través do arroio Fonte do Sapo, afluente do Támega, e procedente do arrastre de terra e cinza da zona de Queirugás, recentemente incendiada. Esta situación, unida ao baixo caudal do Támega, provocaba que a auga que abastece a potabilizadora se convertese nunha masa de barro e aumentase a turbidez de maneira extraordinaria, segundo lembra o Concello de Verín.

Ante isto, o luns 28 o Concello avisaba mediante un bando de que a auga non era apta para o consumo humano debido ao seu elevado valor de turbidez (superior a 20 NTU, sendo o valor límite de 6 NTU). “Por seguridade, o martes 29 e o mércores 30 volveuse a comprobar o valor de turbidez reafirmando de novo que a auga se mantén dentro da APTITUDE PARA O CONSUMO HUMANO, sendo os resultados: 3,20 NTU na saída do depósito e 0,20 NTU no punto de control de abastecemento”, citando ao Concello de Verín.

Desde o Concello de Verín tamén se asegura que, a maiores destes controis puntuais, continuaranse realizando as analíticas de autocontrol de auga abastecida para asegurar a potabilidade da mesma.

Artigos relacionados

Back to top button