Concellos

Augas de Galicia estuda a segunda fase do abastecemento de Melón

O investimento necesario ascendería a uns 150.000 euros
A alcaldesa de Melón, María Cristina Francisco, co director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez.
A alcaldesa de Melón, María Cristina Francisco, co director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez.

A Consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia, estudará acometer a segunda fase do proxecto de abastecemento do Concello de Melón. Así llo trasladou onte o director do ente autonómico, Roberto Rodríguez, á alcaldesa da vila, María Cristina Francisco, durante o encontro de traballo que mantiveron en Santiago.

Segundo se avanzou, os técnicos estudarán o proxecto e, de resultar unha avaliación positiva, o proxecto podería comezar a redactarse este mesmo ano.

As actuacións incidirían na mellora do abastecemento dos núcleos de Meón e Chan de Quins. Para conseguilo, melloraríase a captación do río da Cortellea e construiríase un novo depósito nunha cota máis elevada no río Cerves. O investimento necesario ascendería a uns 150.000 euros.

Artigos relacionados

Back to top button