EconomíaEconomíaÚltima hora

As augas galegas triunfan na 14ª Cata Internacional de Termatalia México

A Eurocidade Chaves-Verín consegue seis premios e acada os tres primeiros postos nas augas con gas carbónico natural 
Un momento da 14 Cata Internacional de Augas celebrada no marco de Termatalia México.
Un momento da 14 Cata Internacional de Augas celebrada no marco de Termatalia México.

A feira ourensá de termalismo, Termatalia, que se celebrou a pasada fin de semana en México tamén acolleu na súa programación a 14 edición da Cata Internacional de Augas, na que as augas galegas triunfaron obtendo varios galardóns. Tamén destacou a Eurocidade Chaves-Verín, que conseguiu seis premios e acadou os tres primeiros postos nas augas con gas carbónico natural. A cata estivo dirixida pola sumiller galega Mercedes  González.

Os premios recaeron da seguinte maneira:

Na categoría de Auga Mineral Natural sen gas:
1ºpremio: Auga de Cabreiroá (Galicia-España).
2º premio: Agua Sana (Galicia-España).
3º premio: Bioleve (Brasil).

Na categoría de Auga Mineral Natural con gas carbónico natural:
1º premio: Magma Original (Roja) (Galicia-España).
2º premio: Pedras Salgadas (Portugal).
3º premio: Campilho (Portugal).

Na categoría de Auga Mineral Natural con gas carbónico engadido:
1º premio: Magma (Verde) (Galicia-España).
2º premio: Agua Sana (Galicia-España).
3º premio: Fontenova (Galicia-España).

Na categoría de Auga Purificada:
1º premio: Santa María (México).

Categoría Envase Innovador: Bioleve Azul (Brasil).

Artigos relacionados

Back to top button