ConcellosÚltima hora

A aula CeMit de Celanova acollerá un obradoiro de animación 3D para escolares

Por segundo ano consecutivo, o próximo 22 de abril comeza o segundo obradoiro que realiza ICCKids en Celanova para rapaces con idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos. Neste obradoiro será na aula CeMit de Celanova dende o 22 de abril até o 24 de xuño.

Neste obradoiro de animación 3D, o alumno poderá comezar a crear e modelar figuras tridimensionais de certa complexidade de xeito sinxelo. Así os asistentes poderán crear a súa propia versión animada e aprenderá as técnicas que lle permitirán elaborar a súa curta ou longametraxe, todo depende da creatividade da persoa.

Crear un escenario de animación onde as leis da física pódense controlar ao seu antollo, dar vida aos seus propios monicreques en 3D, controlar a iluminación, os diversos encadramentos e puntos de vista da cámara, usando diversas ferramentas.

Estes obradoiros, de xeito gratuíto, impartiranse os sábados pola mañá de 10:00 a 13:00 horas.

Cartel do obradoiro.

Artigos relacionados

Back to top button