ConcellosÚltima hora

A aula ceMIT de Verín acolle un curso de fotografía e stopmotion

Impartirase os sábados entre o 15 de outubro e o 17 de decembro
O curso enmárcase no proxecto ICC Kids da Ourense ICC Week.
O curso enmárcase no proxecto ICC Kids da Ourense ICC Week.

A aula ceMIT de Verín acollerá todos os sábados, entre o 15 de outubro e o 17 de decembro, un obradoiro de fotografía e stopmotion dirixido a público infantil. Impartirase en horario de 16 a 19 horas. Esta iniciativa conta coa colaboración do Concello de Verín e está organizada pola Deputación de Ourense.

O obxectivo do curso é que os rapaces aprendan a utilizar a cámara de xeito máis creativo, buscando enfoques e puntos de vista alternativos. Para iso, fomentarase a súa imaxinación a través de xogos e propostas fotográficas tanto en estudo como ao aire libre. Tamén se adentrarán nas posibilidades de animar a fotografía a través da técnica do stopmotion para crear curtas de animación.

Para participar cómpre inscribirse cumplimentando o correspondente formulario que hai na web www.verin.es e entregalo no propio Concello. Tamén se pode adxuntar mediante correo electrónico e envialo a 123artesdigitales@gmail.com. Para máis información, 609 166 550.

O curso enmárcase dentro do proxecto ICC Kids, un proxecto cultural de vangarda na provincia que se interesa por ver o talento dos artistas entre o público infantil. É un novo proxecto realizado por 123 Artes Digitales que se engloban dentro da Ourense ICC Week, do eido das Industrias Culturais.

Artigos relacionados

Back to top button