EconomíaOurenseÚltima hora

Aula de emprendemento na asociación empresarial de San Cibrao

A Consellería de Cultura e Educación e a asociación empresarial renovaban o seu compromiso de fomento da cultura do emprendemento a través do programa “Atrévete Ourense”
Sinatura do acordo.
Sinatura do acordo.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, José Elías Mera Martínez; asinaban o 31 de xaneiro unha addenda ao protocolo de colaboración para o establecemento dun marco de actuación conxunta en favor do desenvolvemento do espírito emprendedor no marco do Plan de emprendemento no sistema educativo de Galicia, ‘eduEmprende’. Unha addenda a través da que se incorpora unha aula de emprendemento na sede da asociación. Unha instalación que permitirá a realización de máis actividades que se engadiran as que xa se realizaron na primeira edición do programa “Atrevete Ourense”.

Deste xeito porase en marcha ‘Atrévete Ourense 2014’, que chegará ao dobre de alumnas e alumnos que no 2013, xa que a previsión é que nestas actividades participen arredor de 400 estudantes de 2º curso de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) de centros ourensáns. Esta iniciativa chegou o curso pasado a máis de 200 escolares de 6ª de Primaria de 11 centros educativos ourensáns, segundo se informa dende a Consellería de Educación.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button