CulturaCulturaÚltima hora

A Aula de teatro de pais de Miraflores representa “Sopa de xarope de amora”

A cita será o mércores 14 de decembro ás 19:00 horas no Teatro Principal de Ourense

convite-pais-xaropeamora

 A Aula de teatro de Pais e Nais do colexio Miraflores trae ao Teatro Principal de Ourense, o próximo 14 de decembro ás 19:00 horas, a obra “Sopa de xarope de amora”. Esta peza é unha adaptación da obra orixinal escrita polo xornalista Xosé Antonio Neira Cruz e que ten como protagonistas personaxes estrambóticos que serven como actualización dos contos de fadas tradicionais. Segundo a crítica, esta peza é “unha comedia áxil e divertida” e nela nárrase a historia do doutor Amorodo, un científico ao servizo das casas reais que recibe encargos estrafalarios e está namorado de dona Chismuda.

O elenco de actores está formado, como o propio nome do grupo indica, polos pais e nais do alumnado deste centro ourensán e dende hai catro anos levan a cabo unha representación teatral por estas datas.

Artigos relacionados

Back to top button