OurenseÚltima hora

A Aula de Teatro Infantil de Barbadás representa “As bombas e o xeneral” o 21 de decembro

Este xoves, 21 de decembro ás 19:00 horas, na Casa da Cultura Manuel María de Barbadás; a Aula Infantil da Escola Municipal de Teatro representará a obra “As bombas e o xeneral”, unha adaptación da obra de Eugenia Carmi e Humberto Eco.

A peza conta a historia da solidariedade duns átomos que se negan a estoupar dentro dunha bomba, fronte ao abuso e a violencia exercida por un xeneral e os seus compinches. Unha historia chea de amor e tolerancia cara ao mundo que nos rodea e un alegato contra as guerras e as súas consecuencias.

A entrada é libre até completar aforo.

Cartel.

Artigos relacionados

Back to top button