ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Aulas baleiras no CEIP de Manzaneda

A ANPA amosa o seu rexeitamento ao servizo de catering que se pon en marcha neste curso no centro

Como noutras zonas de Galicia, os 22 alumnos do CEIP de Manzaneda acudían cos seus pais ás portas do colexio ás 9:30h. do 10 de setembro para iniciar o curso escolar, pero non entraban nas aulas. Concentrábanse na entrada e manifestaban de novo o seu rexeitamento ao servizo de catering que se pon en marcha este ano no centro. Tras este acto, os pais acordaban volver cos rapaces para casa en sinal de protesta pola medida. Ademais piden poder reunirse con responsables deste tema na Xunta de Galicia para poder resolver a situación e chegar a un acordo.

“Nos vemos absurda esta medida. É rizar o rizo que a comida veña prefabricada doutro lado tendo aquí unha comida estupenda. Ademais no centro temos unha cociña montada, entón ¿cal é o problema? ¿é contratar a un cociñeiro? Pois pensamos que habería que falalo. E se o problema é económicos, pois tratar de arrimar o ombro entre todos para solucionalo. E, se non é económico, pois que nos expoñan as razóns disto”, aseguraban dende a ANPA do CEIP de Manzaneda.

Ademais os pais insisten en que “o catering merma moito o servizo, a calidade da comida non ten nada que ver. Nós o que queremos para os nosos nenos é calidade de comida. Non ten sentido para nós que vivamos no medio rural e nos traian a comida dunha cidade”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button