ConcellosPetínÚltima hora

Aumenta a 5 o número de contaxios de coronavirus no concello de Petín

 

Tamén no municipio de Petín levan uns días oscilando (suben e baixan) o número de casos activos de Covid-19, aumentando a 5 (un máis que na última actualización), os contaxios “segundo información recibida polo Sergas”, confirma a alcaldesa, Raquel Bautista.

Dende o ente local insisten en que “é moi importante seguir cumprindo as medidas que nos indican as autoridades sanitarias”, enviando unha mensaxe de ánimo a todos os afectados.

Artigos relacionados

Back to top button