DeportesGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

Aumenta a participación infantil na Milla Nocturna da Rúa

Hugo Sánchez e Maribel García fan os mellores tempos na categoría absoluta masculina e femininina

Un gran ambiente deportivo o vivido na tarde-noite do venres 5 de agosto na rúa Miguel de Cervantes, o escenario sobre o que este ano, por primeira vez, se celebraba a Milla Noctura da Rúa, no marco das festas de verán. “Decidimos facela no centro da vila para dar maior vistosidade ao evento e conseguímolo posto que os veciños achegáronse para poder disfrutar desta festa do deporte”, explican dende o club local Atletismo Rúa, organizador da proba coa colaboración do Concello.

Unha proba na que se igualaba o número de inscritos do ano pasado, en torno ao cento, en diferentes categorías, coa sorpresa dun considerable aumento de nenos na saída “e a varios das súas escolas desfrutando do deporte”, aseguran dende a organización que agradece a todos os que se acordaron dos Peludines Callejeros Valdeorras, así como a todos os participantes e clubs que se acercaron dende fóra para correr esta milla, entre eles os Veteranos Ourense.

Con respecto aos mellores tempos da milla, subiron ao alto do podio Hugo Sánchez Gil do Barco e Maribel García Porto da Rúa. Alejandro Montero López de Ourense e Raúl Rodríguez Ibarra da Rúa, completaron o podio masculino. Silvia Jerez Casanova e Ana María Anta González completaron o feminino.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button