Concellos

Aumentan os positivos de Covid nos centros escolares de Valdeorras

 

Tamén nos centros educativos aumentan os positivos de Covid na xornada deste mércores 13 de xaneiro. Segundo os datos facilitados pola Xunta, na comarca de Valdeorras hai un total de 6 (2 máis que onte) e na de Viana 1.

No municipio do Barco de Valdeorras rexístrase 1 positivo no IES Martaguisela e 1 no IES Lauro Olmo (que reaparece no listado). Nesa lista, feita pública pola Xunta, segue aparecendo 1 positivo no CEIP Julio Gurriarán, aínda que segundo informan dende o propio centro, “trátase dunha mestra substituta que deixou o colexio o 22 de decembro. Contaxiouse no período de Nadal polo que xa non formaba parte deste colexio que actualmente non ten ningún positivo “, aseguran.

Ademais segue con 1 positivo o Colexio Pablo VI da Rúa, mentres que o CEIP Xosé Manuel Folla Respino de Vilamartín ten 2 (1 máis que onte). O IES Carlos Casares de Viana segue con 1 positivo.

No caso da comarca de Quiroga, o IES Quiroga ten 1 positivo (1 menos que onte) e o CEIP San Clodio de Ribas de Sil mantén ten 1 positivo.

Artigos relacionados

Back to top button