En portadaÚltima hora

Aurelio Blanco Trincado será homenaxeado esta noite en Vilamartín

O recoñecemento ao presidente do IEV será nunha cea no Complexo Hoteleiro Paladium
Aurelio Blanco foi o pregoeiro da Festa das Covas deste ano. /Foto: Carlos G. Hervella.

Hoxe 2 de setembro, a partires das 21:30h. celébrase no Complexo Hoteleiro Paladium (Vilamartín) a cea-homenaxe a Aurelio Blanco Trincado.

Moitos son os motivos e méritos que levaron a un grupo de amigo/as e veciños/as de Valdeorras a constituír a Comisión Organizadora da Homenaxe ao actual presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses. “Na sua adicación á sociedade, foi directivo de practicamente todas as asociacións de tipo social e humanitario na comarca”, din dende a Comisión. Por citar algunha: Casino do Barco, Cáritas, Cruz Vermella, Amigos do Museo, Asfaval,… Formou parte de Son do Sil e foi pregoeiro das Festas do Cristo e máis recentemente da Festa das Covas de Vilamartín de Valdeorras, entre outras cousas.

 

Artigos relacionados

Back to top button