DeportesÚltima hora

O Auriense comeza a tempada de Fútbol Gaélico en Lalín

Empate para o equipo feminino e derrota para o masculino no primeiro partido de liga contra Herdeiros de Dhais
Primeiro partido da tempada para o equipo masculino do Auriense F.G.

Cara e cruz no comezo de liga para o Auriense F.G. na tarde do 1 de outubro no campo Universitario de Lalín. Foi un debut amargo para o equipo masculino, que non pudo “contrarrestar o enorme acerto a paus dos Herdeiros, así como o imponente físico en segunda e terceira liña”, explican dende o club. Ao final, un contundente 3-17 (26)/6-23 (41), “merecida vitoria para o equipo visitante”, aseguran dende Ourense.

A fin de semana que vén, os ourensáns reciben a Terras de Eume, das Pontes de García Rodríguez. “Un encontro asequible, no que pode chegar a primeira vitoria para o Auriense”, din dende o Auriense.

O equipo feminino pola súa banda protagonizaba un “espectacular partido contra Herdeiras” que pudo dencantarse para calquera dos dous bandos rematando finalmente cun empate 5-11 (26)/6-08 (26) que serve ao Auriense para “puntuar nunha das visitas máis complicadas deste nova tempada. A vindeira fin de semana as rapazas descansan.

Artigos relacionados

Back to top button