DeportesÚltima hora

O Auriense FG prepárase para a tempada que comezará en setembro

O club ourensán participou na IV Copa Galega de Fútbol Gaélico Praia celebrada na Lanzada
Membros do Auriense FG que participaron na Copa.

Coa participación na IV Copa Galega de Fútbol Gaélico Praia celebrada este sábado na Lanzada (O Grove), o Auriense FG comezaba a súa posta a punto para a tempada 2017-2018.

O equipo masculino, formado por Roi, Miguel, Adrián, Lois, Juan, Álvaro e Millán chegaba ata semifinais, onde caía derrotado por un combinado de Irmandinhos da Estrada, “actuais campións de Liga e Copa nun torneo impecable, cunha soa derrota na primeira fase”, explican dende o club ourensán.

Pola súa banda, o equipo feminino composto por Sabrina, Miriam, Mariví, María, Ana e Lucía, caía en cuartos de final, “aínda que realizando unha Copa moi interesante e obtendo o seu pase a través dunha repesca moi igualada”, puntualizan dende o Auriense.

Ao longo desta semana presentaranse, no Campus Universitario, os equipos ourensáns que competirán nunha primeira división que comeza a principios de setembro.

 

Xogada do equipo feminino na praia da Lanzada (O Grove).

Artigos relacionados

Back to top button