En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Auténticas xoias do motor, no Pazo do Castro (O Barco)

Este hotel monumento convertíase novamente nunha das paradas da ruta do VIII Rally Turístico Terras do Incio

 

Un verán máis, os participantes no VIII Rally Turístico Terras do Incio recalaban no Hotel Monumento Pazo do Castro (O Barco). Facían unha paradiña a partires das 11h. da mañá deste 9 de xullo para tomar un pequeno descanso e repoñer forzas. Isto permitía que os afeccionados ao mundo do motor puidesen desfrutar vendo auténticas xoias de catro rodas como varios Porsche, Jaguar, Aston Martin, Maserati ou Ford.

 

 

Nesta edición participan unha vintena de vehículos clásicos. Esta proba desenvolverase entre os días 8 e 14 de xullo.

Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button