OurenseÚltima hora

A “autofoto” como eixo da exposición de Adolfo Domínguez no Marcos Valcárcel

O Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación acolle dende onte, 26 de outubro, a exposición “Esto no es un selfie”, de Adolfo Domínguez. Protagonizada polos actores Luis Tosar e Inma Cuesta, está composta por 100 autorretratos creativos seleccionados entre persoas anónimas que participan nesta campaña desenvolvida pola firma ourensá.

Estas fotografías foron seleccionadas de entre os autorretratos que se presentan ao concurso #estonoesunselfie, promovida pola marca, para achegar ás redes sociais a persoas amosando o seu verdadeiro ser.

A inauguración desta mostra levouse a cabo onte neste espazo cultural da Deputación e nela estivo presente a directora xeral da empresa, Adriana Domínguez; acompañada polo recentemente nomeado director de Operacións da marca, Antonio Puente. En canto á representación política, ao acto asistiron o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o director de Comunicación de Adolfo Domínguez, Mario Ávila e o director do Centro Cultural, Francisco González. A mostra estará no “Marcos Valcárcel” até o 19 de novembro.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button