EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Autoneum fai público o novo proxecto para PSA

Coa concesión do K9 a planta da Rúa garantiza a produción ata o 2027

Non hai nada mellor que un viño con denominación de orixe para brindar por unha boa nova. Por iso os responsables de Autoneum Spain Northwest, decidían celebrar cun Valdeorras a concesión por parte do seu principal cliente, PSA Vigo, do novo proxecto K9 que arrancará en 2018 e que garante carga de traballo na comarca ata o 2027.

A degustación tiña lugar na mañá do 11 de decembro no Centro Cultural Avenida da Rúa trala comunicación da nova por parte do director da planta da Rúa, Javier Martinicorena, acompañado polo responsable de ventas e relación cos clientes de Autoneum (e embaixador dos viños valdeorreses), Julián Villamarín, e polo presidente do C.R.D.O. Valdeorras, José Vicente Solarat. Entre os convidados ao acto estiveron a alcaldesa da Rúa, María González Albert e os alcaldes de Petín, Miguel Bautista e do Barco, Alfredo García, así como os representantes sindicais na empresa, os delegados comarcais de UGT e CIG, e representantes do sector empresarial.

Co novo proxecto K9, que substituirá ao actual B9, na Rúa fabricaranse insonorizantes acústicos para tres vehículos de PSA Vigo (Parter de Peugeot, Berlingo de Citroën e Combo de Opel) o que suporá manter o traballo así como os 150 postos cos que conta actualmente a planta, tal como asegurou o director, explicando que tenrá unha duración de 10 anos “o 2018 será un ano de transición e no 2021 prevese o volume máximo”. Martinicorena tamén explicou que a factoría ten como clientes a PSA, a Renault e a Volkwagen cun pequeno proxecto que arrancará tamén no 2018.

Máis informacion na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button