En portadaSen categorizarÚltima hora

Avanzan as obras do Mercadona no Barco

Dende primeiros de setembro as máquinas traballan no terreo barquense no que se instalará a futura superficie comercial de Mercadona. Despois dunha longa tramitación, en agosto o Concello do Barco emitía unha resolución de licencia de obras para o plan de urbanización SUR 13, é dicir, o que corresponde á superficie que está ao carón do río Mariñán, nunha das entradas da vila.

Nesa zona proxéctase tres áreas comerciais, segundo o Concello do Barco, unha das cales será ocupada polo futuro Mercadona do que tanto se leva falado na vila.

As obras avanzan a bo ritmo e os veciños da zona xa comproban como vai mudando de aspecto este terreo situado ao carón da estrada na avenida de Galicia do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button