OurenseÚltima hora

Avanzan correctamente as obras do Centro Galego de Innovación en Formación Profesional (Ourense)

O edificio ocupa o espazo da antiga Escola Fogar de Mariñamansa e conta cunha superficie de 2.600 metros cadrados

A conselleira de Educación en funcións, Carmen Pomar xunto ao Presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. / Foto: cedida.

 

Continúan as obras do Centro Galego de Innovación en Formación Profesional en Ourense. Este edificio, que ocupa o espazo da antiga Escola Fogar de Mariñamansa, conta cunha superficie de 2.600 metros cadrados que estanse a repartir de forma diáfana, con particións flexibles que permiten adaptar o espazo segundo as necesidades. Contará, ademais, cunha cuberta superior vexetal e unha instalación fotovoltaica.

O Centro Galego de Innovación en Formación Profesional terá dúas coordinacións técnicas, unha centrada na I-D-i, con áreas que traballarán en metodoloxías para a industria 4.0, o Internet das cousas ou as patentes mentras que o resto estará dedicado ao emprendemento industrial, departamento que se encargará do asesoramento, seguimento, orientación e impulso de proxectos. O obxectivo é avanzar nunha FP para que as empresas poidan contar con persoal cualificado. O centro abrirá as súas portas, previsiblemente, ao longo do curso 2020/2021.

 

A conselleira en funcións e o presidente do goberno provincial visitan as obras. / Foto: cedida.

 

A conselleira de Educación, Universidade e Formación profesional en funcións, Carmen Pomar e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar visitaron hoxe, 25 de agosto, a zona onde se están a acometer as obras. Segundo Pomar, “o centro será o motor de vangarda da Formación Profesional dende Ourense para toda Galicia, así como un impulsor do emprendemento”. No mesmo día, a Conselleira de Educación en funcións tamén visitou o CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro, no Concello de Barbadás, para comprobar as medidas fronte a Covid-19 que se están a tomar para no marco do vindeiro curso escolar.

Artigos relacionados

Back to top button