Publicidade
OurenseÚltima hora

Avánzase no proxecto de saneamento integral do río Barbaña

O BOE deste venres publica o inicio do procedemento de "Evaluación de Impacto Ambiental preceptivo" á contratación das obras

Río Barbaña en Ourense./ Foto: CHMS

 

Novo paso no proxecto de “Finalización do saneamento do río Barbaña, mellora EDAR de San Cibrao das Viñas fase II (Ourense)”. Este 8 de maio o Boletín Oficial do Estado (BOE) vén de publicar a resolución que dá inicio ao procedemento de evaluación de impacto ambiental.

Este proxecto “dará como resultado unhas actuacións de saneamento integral do río Barbaña nas que o investimento estimado alcanzará os 29.800.000 euros, financiado a través de Fondos Europeos; aproximadamente 12,8 mill/€ corresponden á remodelación da EDAR, 3 mill/€ aos colectores de augas fecais e 14 mill/€ aos colectores de augas pluviais e o seu tratamento”, explica o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga.

Ademais Quiroga asegura que “neste momento, a colaboración e implicación de todas as administraciós e a concienciación social e do tecido empresarial é clave para evitar os episodios recurrentes de contaminación ao río Barbaña”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close