ConcellosÚltima hora

Avaría dun tren en Covas (Rubiá) ao caerlle unha pedra de grandes dimensións

 

Un tren que cobre a ruta entre Madrid e Ferrol sufría unha avaría ao seu paso pola comarca de Valdeorras. Os feitos sucedían preto do punto quilométrico 275,300 da liña férrea, en Covas (Rubiá), ao fío das 5:35 horas, tal e como informa o 112 Galicia.

Un golpe cunha pedra de grandes dimensións foi a causa da avaría deste tren, algo que lle impediu continuar a marcha. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, ningunha das persoas que viaxaba no tren resultou ferida. Debido á avaría, a pasaxe esperou no apeadoiro de Covas a chegada doutra locomotora, que remataría o traxecto.

“Foi o persoal de Renfe quen alertou do ocorrido ao 112 Galicia. Indicaba ademais no seu relato que a causa do impacto, o tren podería estar vertendo aceite nun río próximo ao accidente. Así, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil e dos Bombeiros e GES de Valdeorras. Finalmente descartouse a súa intervención ao confirmar Adif que non existía risco de filtración no río”, segundo a información do 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button