PolíticaÚltima hora

Avelino García, elexido presidente do PP de A Rúa

O alcalde, cabeza da única candidatura, contou co respaldo do 96,88% dos votos
Congreso local do PP da Rúa.
Congreso local do PP da Rúa.

Todos menos un. A candidatura encabezada por Avelino García Ferradal contou co respaldo do 96,88% dos votos emitidos, no congreso local do Partido Popular da Rúa, no que o alcalde da vila foi elexido presidente do partido.

No acto, García Ferradal estivo arroupado entre outros, polo presidente provincial do PP Manuel Baltar e polo secretario xeral do PPdeG (vicepresidente da Xunta) Alfonso Rueda, quen agradeceu o “intenso traballo orgánico dfesenvolvido a prol da renovación das xuntas locais do partido en toda a proncia”. Baltar pola súa banda definiu ao presidente electo como “unha persoa profundamente namorada da Rúa e profundamente implicada no proxecto do Partido Popular de Ourense”.

Trala súa elección, Avelio García avanzou que no programa para os vindeiros anos, contempla “un cambio no modo de traballar dentro do partido, contando cos concelleiros e cos alcaldes pedáneos, que pasarán todos eles a formar parte da Xunta Local do PP”, así como a representante das Novas Xeracións. Dentro dese cambio de estrutura organizativa estableceranse reunións periódicas cada 15 días e antes dos plenos municipais.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close