ConcellosÚltima hora

Aviso amarelo este mércores por tormentas na montaña ourensá e no sur de Lugo

Foto: A.R.

 

Previsións de treboadas para mañá 24 de xuño, día de San Xoán, na montaña da provincia de Ourense e tamén parte sur da provincia de Lugo. A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de lanzar un aviso amarelo por tormentas e choivas nestas zonas entre as 13h. e as 22h. de mañá mércores.

No caso da montaña de Ourense e do sur da provincia a probabilidade de tormenta sitúase entre o 40 e o 70% e espéranse fortes choivas, cunha precipitación acumulada de 15 mm nunha hora e con probabilidade de que caia pedra.

 

Fonte: AEMET.

Artigos relacionados

Back to top button
Close